Narf Trío presenta no Teatro Colón o disco-libro Nas tardes escuras (El Patito Editorial 2013), o máis recente traballo discográfico de Fran Pérez "Narf", no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador.
O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente, con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez "Ho Chi Ming" no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.
O lanzamento deste traballo tivo gran repercusión na prensa, na radio e na tv, con críticas moi favorables.