Noticias de Hoy
imagen2__large 630x630
Fecha: 26/11/2020 a 18/12/2020

Mostra Nós tamén fomos emigrantes en Melide

Sala de Exposicións do Centro Sociocultural Mingos de Pita, Melide.

O Concello de Melide, ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». A acto de apertura terá lugar mañá xoves 26 de novembro, ás 13.00 h, na Sala de Exposicións do Centro Sociocultural Mingos de Pita, e contará coa asistencia de José Manuel Pérez Penas, alcalde; Maika Basalo Santín, concelleira de Cultura; José Manuel Vilariño, responsable Banca Institucional A Coruña ABANCA; Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación; Alberto Varela Reiriz, director de Zona de ABANCA e Lois Fernández, director da oficina de ABANCA en Melide.

A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. Poderase visitar ata o vindeiro 18 de decembro, de luns a venres de 17.00 a 20.30 h.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.