Noticias de Hoy
Vigo Pysch Fest
Fecha: 28/09/2023 a 29/09/2023
Horario: 01:00 a 01:00

Vigo Psych Fest

 

O venres 29 e o sábado 30 de setembro de 2023 terá lugar a primeira edición do Vigo Psych Fest dedicado ao stoner, a psicodelia e ao hard rock está lista para ser un éxito. Desenvolverase en dúas citas que comezarán ás 20:30 horas na sala Transilvania de Vigo, rúa Rogelio Abalde 16.

O venres estará a banda viguesa Eondry, un grupo de post rock experimental cunha sonoridade única, unha verdadeira viaxe para o oínte, a outra banda viguesa, os Hard trip, un power trío unido pola súa propia linguaxe musical, influenciados polo rock clásico con riffs crus e letras moi persoais e rematará a xornada a banda compostelá Martelo, power trío liderado por Xacobe Martínez Antelo, con temas combativos e potentes con letras corrosivas e mordaces en galego.

Na noite do sábado 30 de setembro estará a banda do Grove, Buxa, con temas instrumentais de mathstoner, postrock e kraut. Seguiralles o grupo portugués Orangotango, con varios discos no mercado de crushing stoner/psychedelic doom, inspirados nun sinfín de paisaxes musicais. A noite rematará coa banda liderada pola californiana Kay Elisabeth, cunha voz soul empapada nunha paisaxe sonora. Trátase dos ingleses Black Orchids, cun rock psicodélico, alternativo e stoner.