Noticias de Hoy
the-wild
Fecha: 26/06/2020 a 28/06/2020
Horario: 01:00 a 01:00

The Wild 2020

 

The Wild 2020 en Vigo.

The Wild, un evento multidisciplinar e sustentable cheo de actividades para todos os gustos, desde concertos, andainas, e xogos para os máis cativos ata cine de natureza, faladoiros e arte, manterase fiel aos seus valores, por iso seguirán apostando por levar a cabo diversas accións sostibles co medio ambiente. Non cabe dúbida que The Wild Fest tivo unha primeira edición moi satisfactoria. Máis dun millar de persoas acudiron do 28 ao 30 de xuño a San Miguel de Oia co fin de participar na andaina solidaria, coñecer de primeira man empresas galegas sostibles, gozar de boa música ou emocionarse co cine de natureza. Por suposto, os máis cativos tamén tiveron a ocasión de pasar un moi bo rato mentres aprendían o importante que é coidar o medio ambiente.

Así, tras o éxito do certame de 2019, na vindeira edición The Wild buscará asentarse como un festival multidisciplinar e sostible de referencia na comarca de Vigo.

The Wild Cinema

Programado por Juan de Castro, presentará unha selección de filmes nos que os protagonistas será a natureza, a aventura e sostibilidade.

Zona Expo

Área adicada a empresas e emprendedores, afíns aos sectores da sostibilidade e o medio ambiente para mostra dos seus proxectos e produtos. Bio-construcción, enerxías renovables, alimentación e textíl son algunhas das seccións que compoñen este espazo.

The Wild Kids

The Wild Festival é un festival para tódolos públicos, polo que os máis pequenos teñen unha ampla oferta de actividades, sempre tentando de inculcar os valores nos que se fundamenta este proxecto. Maxia, obradoiros, actuacións infantís… son parte da oferta que The Wild Festival adica ás nosas crianzas.

Artesanía

No The Wild Festival tamén ten cabida o arte e a artesanía, con exposicións, obradoiros e exhibicións.

Faladoiros

The Wild Festival pretende ser un espazo para remexer conciencias. Diferentes charlas e faladoiros terán lugar durante estes días, coa finalidade de achegar aoos asistentes, a responsabilidade co medio ambiente e a sostibilidade.

The Wild Race

Unha auténtica carreira salvaxe a través do Parque Forestal de San Miguel de Oia. Obstáculos, trail, probas adaptadas doutras disciplinas: Crossfit, Strongman, PaleoTraining, etc.

Xornada de Orientación

Unha xornada de orientación.

Concertos

Moita festa e música nesta edición. A mellor música non ten porque vir de afora. A comunión perfecta entre natureza e música.

Zona Gastro

Sostibilidade e calidade, para satisfacer todo tipo de padais. Unha selección que apostará pola comida orgánica e de produción local, así como os recipientes realizados con materiais biodegradables e reciclables.

Andaina Solidaria

Andaina dirixida pola Comunidade Montes de Oia en colaboración coa Asociación Fran Gil contra leucemia, á cal se doarán os fondos recadados.