Teatro: Emilia en Vigo
Emilia é a primeira parte da triloxía “Mulleres que se atreven”, que trata de posicionar a mulleres brillantes da nosa historia no lugar que pensamos lles corresponde así como dalas a coñecer ao gran público.
Emilia amosa a unha muller que a finais do século XIX se empecina en ser ela mesma, é dicir, en conducirse de acordo cos seus desexos e a vontade de escribir e participar na vida pública.
Emilia tratou de ingresar na Real Academia da lingua sen éxito. A súa insistencia valeulle a reprobación de moitos dos seus contemporáneos, incluso despois de ter recadado a admiración dalgúns outros. Por riba das polémicas, en Emilia sobresae unha muller forte, intelixente e extraordinariamente divertida. Unha montaxe moi divertida que goza das mellores críticas e do aplauso do público.