SUDHUM TEATRO presenta en Vigo: MOSCA.
Con MOSCA, a compañía SUDHUM TEATRO, trae a escena o acoso escolar. Unha realidade pouco visible ou non tratada de forma adecuada.
MOSCA é un xogo de nenos capaz de converterse nun pesadelo. Pedro sábeo ben. Con só dez anos xa pesa sobre el o sufrimento de ser vítima do abuso. Dun abuso que, ademais, practícase entre iguais.
O acoso escolar é unha dos nosos maiores fracasos como sociedade e o índice de suicidios por esta causa resulta alarmante. Hai quen mesmo cren que é máis adecuado chamalo “asasinato social”.