Presentación libro: Soneto no alfabeto en Vigo
Estará presente:
- Xoán Carlos Dominguez Alberte (autor)
- Ramón Nicolás (crítico literario)
- Francisco Castro (director xeral da editorial)
Xoán Carlos Domínguez Alberte ofrécenos agora unha nova achega poética pensada para a xuventude. Porque elas e eles non son alleos á poesía e merecen textos delicados e atrevidos coma este libro que tes nas mans. O autor sorpréndenos, ademais, cun libro de sonetos nos que cada poema se centra nunha letra distinta da nosa lingua. Un exercicio lírico que demostra a relación feliz do autor coa lingua galega e que ás e ós mozos proporcionará momentos de gozo lector.