Noticias de Hoy
Andoni Canela
Fecha: 21/01/2015
Horario: 20:00

Presentación de Durmiendo con lobos de Andoni Canela

Presentación de Durmiendo con lobos de Andoni Canela en Vigo.

O fotoxornalista Andoni Canela, habitual en publicacións como National Geographic, Geo, BBC Wildlife, La Vanguardia, El País ou The Time, mergullouse no último ano e medio no proxecto, Buscando a vida salvaxe. Xunto a súa familia seguíu coa cámara animais en liberdade por todo o mundo, como bisontes, pumas ou crocodilos. Durante máis de vinte anos acompañou os lobos na península coa súa cámara e o seu traballo pode verse agora no libro Durmiendo con lobos. O mércores 21 ás 20h preséntao en Vigo, na Galería Javier Teniente, nun acto en colaboración con Amigos da Terra.

A diferencia entre o fotoxornalismo e a fotografía da natureza non é tal, de acordo a Andoni Canela (Tudela, 1969). Coas súas fotos de animais, o fotógrafo está narrando a vida destes e o contexto no que se desenvolven e neste caso son os lobos os protagonistas das súas reportaxes fotográfica. Para fotografiar os lobos, Canela ten que pasar moitas horas no monte, seguindo o ritmo dun animal que comeza a moverse nas últimas horas da tarde e actúa pola noite. Durmiendo con lobos inclúe imaxes tomadas en diferentes puntos da península: Picos de Europa, Riaño, Zamora, Somiedo e, por suposto Galicia, en concreto Os Ancares.

O biólogo Juan Carlos Blanco é o autor dos textos de Durmiendo con lobos. Na presentación do libro en Vigo Andoni Canela estará acompañado por Antón Lois, voceiro en Vigo de Amigos de Terra, asociación que colabora co fotoxornalista. A cita é o mércores 21 de xaneiro ás 20h na Galería Javier Teniente (Abeleira Menéndez, 13, Vigo).

Web: www.jtphotogallery.com