My Red Cougar en Vigo.
En 1974 Anne Sexton puxo o abrigo de peles da súa nai, subíu por derradeira vez o seu coche, un Cougar vermello, e marchou para sempre a un lugar co que sempre soñara, onde non había poesía, fume ou vodka. O vindeiro día 17 a cantante Carmen Rosende, o batería L.A.R. Legido e o pianista Alberto Sánchez traerana á vida unha vez máis, e durante unha hora sonará a música, a poesía, e viaxaremos no seu Red Cougar.
Actuación a favor de Faraxa.