Viernes 18 de marzo de 2016 a las 21:30 h.
Sábado 19 de marzo de 2016 a las 21:30 h.
Domingo 20 de marzo de 2016 a las 20:00 h.
Blanca Cendán e Suso Alonso, métense nos fotogramas do celuloide para darnos unha visión da muller no Cine ó longo da Historia.
Dende Louise Brooks interpretando a tola Lulú da “Caixa de Pandora” pasando pola Lola de Marlene Dietrich no “Anxo Azul”, a Dorothy de Judy Garland do “Mago de Oz”, a “Gilda” de Rita Hayworth, a Holly de Audrey Hepburn en “Almorzo con Diamantes”, a Pantera Rosa, a Velma Kelly de “Chicago” e como non, as mulleres almodovarianas e algunha que outra sorpresa do cine galego. Todas e cada unha delas, sedutoras, doces, femmes fatais, masculinas, femininas, crueis e sumisas, interpretadas por unha actriz acompañada en directo por un pianista e as proxeccións cinematográficas sobre o seu propio corpo vestido de branco que fará de pantalla móbil durante a escena.
Autoría: Blanca Cendán e Suso Alonso
Dirección: Blanca Cendán
Asesoramento escénico: Simone Negrín e John Eastham
Música en directo: Suso Alonso
Video e proxeccíón en directo: Jorge García (VHF)
Deseño Gráfico: Virxinia Barros
Vestiario: Rosa Brage
Maquillaxe e perruquería: Oscar Aramburu