O Sábado 16 de Setembro os nenos e nenas de Tameiga e dos arredores terán a oportunidade de asistir a un Festival pensado para eles.">
miudo fest D
Fecha: 16/09/2017
Horario: 01:00

Miudo Fest 2017 en Vigo

 

Miudo Fest 2017 en Vigo

O Sábado 16 de Setembro os nenos e nenas de Tameiga e dos arredores terán a oportunidade de asistir a un Festival pensado para eles. Estámonos a referir á 2° edición do Miúdo Fest do CSCD As Pedriñas.

 
Este ano o II Miúdo Fest 2017 tendrá lugar en Tameiga, no municipio de Mos, no Centro Cultural As Pedriñas. A festa contará coas actuacións en directo de Brinca VaiCé Orquesta PantasmaPakolas e Uxia Lambona e a banda molona. Os nenos e nenas podrán brincar e bailar co son dos seus artistas favoritos.

A canteira de festivaleros ten a súa “masía” en Mos. O Centro Cultural As Pedriñas de Tameiga organiza para este sábado, 16 de setembro, a segunda edición do seu festival de música infantil e xuvenil.

“Somos festivaleiros e queremos que os cativos e cativas teñan tamén esa cultura e valoren aos nosos músicos”, sinala dende a organización do eventoLorena Alonso. Cada ano, os festivais máis importantes da nosa contorna amplían e diversifican as súas actividades para dar paso tamén aos meniños, pero ningún está unicamente destinado en exclusiva para eles.

 
Este sábado 16 de Setembro, a partir das 16:30 da tarde, o Miúdo Fest no Centro Cultural As Pedriñas. Tameiga-Mos. A entrada será en forma de Chapa a 3€ (2€ socios). Lembrade que para gozar dos concertos no auditorio hai que ter a chapa do festival. Xa a venda na cantina das Pedriñas. Difunde e acude a esta troula para as nenas e nenos máis festexeiros, fandangueiros e trouleiros da casa.
 
 
miudo fest E