Limiar Teatro presenta: O conto da azuzaina, en Vigo.
Cando nos din árbore, cadaquén imaxina unha cousa. Imaxinas unha palmeira ou un carballo, ou un piñeiro ou un salgueiro.
Coas familias acontece o mesmo, cada unha é diferente, pero todas son familias. Non existe a familia “normal”. E nesta historia de historias, familia de familias, pasa o mesmo; cada historia é distinta, cada estilo é diferente. A orfandade, a adopción, o divorcio, familias homoparentais, numerosas ou monoparentais, son a base para o xogo de tres actores usando o circo, a música e a divulgación científica como xeitos de expresión. Un espectáculo que achega a diversidade familiar na sociedade actual fomentando a tolerancia, respecto e empatía entre as e os máis pequenos.
A orixinalidade deste espectáculo radica no agarimo no trato de temas tan sensibles dende a sinxeleza do xogo. Preséntase o espectáculo como xogo divertido, sinxelo, pero que permite introducirse en aspectos de grande profundidade.
Que é unha familia normal? A TÚA!
Compañía: Limiar Teatro
Espectáculo: O conto da azuzaina
Idioma: galego
Idade recomendada: + 8 anos
Duración: 50 minutos
Prezo: 5 €