La Estampida presenta en Vigo: Lo Nunca Visto.
A un mes do peche por impagamentos do seu estudio, unha decrépita profesora de danza e teatro para nenas, decide que é o momento do “agora ou nunca” de realizar un espectáculo que revolucione a arte contemporánea: O nunca visto.
Sen talento, sen cartos e xa sen alumnas nas súas clases, lánzase na procura de “artistas comprometidas” para a súa causa. So acudirán á súa chamada dúas das súas ex alumnas: unha ionqui galega e unha ama de casa fuxida hai pouco.
A entrega en corpo e alma das nosas tres protagonistas, que non teñen outra cousa que contarnos que as súas propias vidas, porá o listón moi alto, facéndonos bailar de pranto e rir de suor.
Comeza a función.
Escuro.