Noticias de Hoy
_festival vertixe sonora trois fois silence
Fecha: 19/11/2016
Horario: 18:00

Festival Vertixe Sonora 2016 presenta en VIgo: Luz non Luz

Festival Vertixe Sonora 2016 presenta en VIgo: Luz non Luz.

Hai douscentos anos producíuse o denominado 'ano sen verán'. Foi en 1816 cando, como consecuencia da erupción do volcán Tambora un ano antes na actual Indonesia, unha nube de cinza que se estendeu por todo o mundo impediu que a luz do sol chegase de modo normal á terra, provocando un considerable arrefriado do clima no hemisferio norte. Non sería até 1920, cando o climatólogo americano William J. Humphrey establecese a relación entre ambos fenómenos.

O 'ano sen verán’ tivo consecuencias terribles para a poboación en forma de fame e morte debido á perda das colleitas. Pero tamén tivo consecuencias na arte, como o poema de Lord Byron Darkness, o Frankestein de Mary Shelley ou moitos dos derradeiros cadros de William Turner que, empregando un estraño colorido para a época, evocan a cor avermellada que o ceo tiña entón debido ao modo en que as cinzas filtraban a luz solar.

ANAHITA ABBASI (IRÁN, 1985) Nova obra*
JACOBO GASPAR (ESPAÑA, 1975) Luz-non-luz*
EDUARDO CABALLERO (MÉXICO, 1976) Nova obra*
BERNARDO BARROS (BRASIL, 1980 ) Nova obra*

VERTIXE SONORA ENSEMBLE Clara Saleiro, frauta/ Pablo Coello, saxofón/ Luís Duarte trompa/ Vadim Yukhnevich, acordeón/  David Durán, piano/ Rubén Barros, guitarra eléctrica/ Diego Ventoso, percusión/ Mario Peris, violín/ Thomas Piel violoncello / Carlos Méndez contrabaixo / Ramón Souto, director