As pezas que compoñen este programa mostran distintos estados de desenvolvemento dunha mesma idea. Unha idea que leva obsesionando a Januibe Tejera os últimos anos: a idea do transo como un método para abarcar o que non percibimos normalmente. E están inspiradas nun personaxe singular, o Pai Antonio. Januibe Tejera coñeceu ao Pai Antonio durante o Festival Milano Music en 2014. Este compositor fixo un cambio radical de vida abandoando os praceres mundanos para adicarse por completo á caridade.
Como transferir as relacións dun fronte ao mundo? Como colocar ao público neste fráxil limiar a traves do transo? Estas preguntas atoparán resposta neste evento.
JANUIBE TEJERA (BRASIL, 1979) Plongeon, frauta soa
Trois cordes farfumées, piano só
Trois fois silence (I) para frauta guitarra eléctrica e piano
Trois fois silence (II) para frauta guitarra eléctrica e piano
VERTIXE SONORA ENSEMBLE Keiko Murakami, frauta/ David Durán, piano/ Rubén Barros, guitarra eléctrica