Noticias de Hoy
a Luz e a lente 450 x 410
Fecha: 16/05/2018 a 23/09/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición: A luz e a lente en Vigo

 

Exposición: A luz e a lente en Vigo

A LUZ E A LENTE. HISTORIA DO MICROSCOPIO A TRAVÉS DA COLECCIÓN CAMACHO & PALLAS

A colección Camacho & Pallas

A colección de microscopios Camacho & Pallas, que inclúe máis dun centenar de pezas, está recoñecida internacionalmente como a mellor existente na actualidade, tanto polo seu valor científico como histórico e cultural. Os propietarios, a Dra. Estrella Pallas Pallas, especialista en otorrinolaringoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e profesora asociada de otorrinolaringoloxía da USC, e o Dr. Tomás Camacho, director médico do laboratorio Vithas Lab, Grupo Vithas, comezan a súa colección no ano 2000, cun modelo de microscopio denominado Harvard e fabricado por Bausch & Lomb en 1876. Foi en 2015 cando esta colección pasa a ser a máis representativa da historia da microscopia, ao incorporar o microscopio construído por Leeuwenhoek —un dos dez modelos existentes hoxe en día e o único autentificado como orixinal— e a obra de Hooke, cuxas descricións foron a base para que Leeuwenhoek puidera construír os primeiros microscopios que permitían aumentos de ata 300 veces o tamaño real.

A exposición

A mostra “Historia do microscopio a través da colección Camacho & Pallas” conta coa colaboración do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, onde unha parte das pezas se exhibiu en 2016, e dende onde itinerou ao Museo de la Evolución Humana de Burgos en 2018.

No caso de Vigo, a exposición inclúe unha selección de máis de trinta pezas e paneis informativos que detallan a historia do microscopio dende a súa invención. Xunto as dúas pezas emblemáticas da colección e da orixe da microscopia —o microscopio de Leeuwenhoek, construído no ano 1680, e unha edición orixinal do libro Micrographia: or some Physiological Descriptions of Minute Bodies Made by Magnifying Glasses, publicado por Robert Hooke en 1665— reúnense na mostra diferentes exemplos e modelos de microscopios simples e compostos, que permiten coñecer a súa evolución histórica, reflexo das melloras ópticas, mecánicas e estéticas dende o século XVII ata principios do XX.

 

A Luz e a Lente 630 x 350