Noticias de Hoy
Virandeira Folk
Fecha: 19/09/2015
Horario: 22:00

Concierto de Virandeira Folk, en Vigo

O Auditorio do Concello de Vigo acolle o próximo sábado 19 de setembro ás 21h a presentación oficial de Metamorfose, novo traballo discográfico da banda viguesa Virandeira Folk.

Cunha formación renovada, Virandeira Folk aposta no seu segundo disco de estudio por unha fusión de estilos, sen límites nin fronteiras. A gaita, a frauta e o violín mistúranse con guitarras eléctricas, baixo e batería; os sons da música celta irmananse con riffs e armonías propias do rock, o jazz ou o pop… en definitiva, unha proposta ecléctica que de seguro sorprenderá.

Os asistentes á estrea de Metamorfose gozarán dun espectáculo musical fresco e orixinal que estará aderezado con proxeccións audiovisuais. Ademáis, Virandeira Folk contará neste concerto coas colaboracións especiais da cantante Sabela Cereijo, o frautista e gaiteiro Xulio Lorenzo, o guitarrista Sergio w0r, o teclista Martín Barcia e a percusionista Loreto de Araújo.