Birraseto Fest 2018 en Vigo
A 1ª edición da FEIRA DA CERVEXA ARTESÁ DE VIGO “BIRRASETO” terá lugar os días 20,21 e 22 de abril de 2018 na Praza do Rei.
Poderanse degustar case 100 tipos de cervexas artesás diferentes o longo dos tres días .
Contaremos con cervexeiros artesáns vidos dende diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra como son :
- CERVEXA ÁNCORA (Ourense)
- CERVEXA MENDUIÑA (Cangas)
- CERVEXA BELECKER (Ponferrada)
- CERVEXA NOS (Pontevedra)
- CERVEXA FAXILDA (Pontevedra)
- CERVEXA A COVA DA SERPE ( Lugo)
- CERVEXA BUBELA(LUGO)
- CERVEXA DE LAGO (VIGO)
- CERVEXAS SILVESTRES
- CERVEXA KEL´S (CORUÑA)
- CERVEXA NASA (PONTEVEDRA)
- CERVEXA CASTREÑA (LEÓN)
- CERVEXA MISTERIO BREWING (VIEVEIRO)
- TRISK-ALE(BAIONA)
- CERVEXA ALEALÉ (UXES, ARTEIXO)
1º edición do BIRRASETO. Esta novedosa feira virá para quedarse dende o venres 20 de abril ata o domingo 22 de abril. Será a ASOCIACÍÓN GALEGA DE CERVEXEIROS ARTESÁNS xunto con cervexas NÓS os encargados de realizar este evento . A Asociación pretende dar a coñecer un producto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura desta bebida.
Habilitarase unha carpa situada na Praza do Rei para poder degustar as diferentes variedades de cervexa artesá. A entrada á feira e totalmente gratuita pero para consumir haberá que mercar o vaso conmemorativo da feira onde servirán as cervexas.
Os visitantes que queran acceder pero non consumir poden facelo, o ser libre o acceso; o vaso da feira actúa como pasaporte para visitar os diferentes stands.
O BIRRASETO é un festival de carácter familiar, que ten como obxetivo principal fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros para os cativos, catas ,charlas… creando así un espazo cultural diferente.
PROGRAMA
Jueves 19 abril 2018
20h00 - 00h Presentación do festival na cervexería Nós
Venres 20 abril 2018
18h00 Inauguración e pinchada do primeiro barril
18h00 Actuación do Dj MR Ortis
20h00 Concerto de Blackbirds
22h00 Concerto de Ganjahr Family
00h00 Peche da feira
POST FEIRA en Brewing Record
Sábado 21 abril 2018
12h00 Apertura da feira
12h30 Sesión Beer mú: actuación do Dj Mario Rey
16h00 Charla influencia da malta na producción da cervexa polo maestro cervexeiro Yahia Chavane do Grupo Boortmalt. Invitado por Cenit Global Markets
17h30 Obradoiro infantil de tatoos e crea a tua chapa a cargo da Tatarina
18h00 Concerto de Nano Pereira
19h00 Curso de elaboración cervexa artesana cervexería Nós.
20h00 Friki Cata de cervexas de man entre cervexas
20h00 Concerto de Blue Monk
22h00 Concerto de El Pelotón
00h00 Peche da feira
Domingo 22 abril 2018
12h00 Apertura da feira
12h30 Obradoiro infantil de cociña a cargo de Tatarina
12h30 Actuación Rapariga DJ
17h30 Contacontos a cargo de Tatarina
17h35 Obradoiro de bachata a cargo de Xurxo e Reyes
19h00 Concerto de las Pontiaks
21h00 Concerto de los Naipes
22h30 Concurso a mellor etiqueta do festival
22h35 Concurso a mellor cervexa do festival
22h40 Sorteo de packs de cervexa entre o público participante do festival
22h50 Entrega de premios aos cervexeiros
23h00 Clausura de feira