Noticias de Hoy
Fecha: 23/04/2017
Horario: 19:00

Artestudio Teatro presenta: Valados, en Vigo

Artestudio Teatro presenta: Valados, en Vigo.

Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida até que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertelas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza do veciño...

Prexuízos adultos suficientes para erguer un valado que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro.

A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados.

Un espectáculo no que a través da música, a meirande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.

Compañía: Artestudio Teatro
Espectáculo: Valados
Idioma: galego
Idade recomendada: + 6 anos
Duración: 55 minutos
Prezo: 5 €