Abonos para a tempada de música clásica en Vigo
Afundación presenta a súa Tempada de Música Clásica de outubro a decembro en Vigo, que inclúe obras de Haendel, Beethoven, Vivaldi, Mendelssohn ou Mozart interpretadas pola Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Regensburg Kammerorchester.
Os abonos sairán á venda o vindeiro 19 de xullo e estarán dispoñibles ata o 29 de setembro na web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500. Aquelas persoas abonadas á tempada anterior poderán adquirilos os días 17 e 18 de xullo só vía telefónica. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes individuais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e xente nova que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo dos abonos.