Presentación do libro-disco “Cartas que veñen e van” de Mamá Cabra

Fecha 2-01-2014
Hora 17:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Mamá Cabra

O xoves, día 2 de xaneiro, preséntase a reedición do agardado libro-disco de Mamá Cabra “Cartas que veñen e van”.

O volume, que deu ao prelo a Editorial Galaxia, darase a coñecer en dous pases, ás 17:00 e ás 19:00 h., no Fórum Metropolitano da Coruña. Creado para nenas e nenos de 2 a 8 anos,  os compoñentes de Mamá Cabra farán de novo as delicias dos máis cativos con estas renovadas cancións. Así os máis cativos da casa están de sorte, así como os docentes que demandaron nos últimos tempos este material sonoro e de lectura. Logo de que a grande acollida de “Cartas que veñen e van” durante estes anos fixese que se esgotara, chega de novo o libro-disco de Galaxia e Mamá Cabra con novos arranxos nalgúns dos temas e novas ilustracións da man de María Lires.

As entradas xa se poden mercar en servinova.com desde 6 €, se ben existen bonos de desconto para as familias. Ademais, xa está nas librarías esta nova edición do exitoso traballo musical de Mamá Cabra de cara aos agasallos do Nadal.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×