Noticias de Hoy
Fecha: 30/06/2017
Horario: 19:00 a 19:00

Presentación de Re Pensar a democracia en Cangas

Presentación de “[Re] Pensar a Democracia”

Data: viernes 30 de xuño
Hora: 18.00
Lugar: librería Wells

O próximo viernes 30 de xuño, ás 18 horas, na Libraría Wells, terá lugar a presentación do ensaio [Re] Pensar a Democracia, da editorial OBenComún.
No acto estarán presentes Iñaki García, Victoria Esteban, Xoán Hermida, Juan Carlos Fernández Naveiro e Luis Villares.
O foro de pensamento renovador OBenComún lanza con este o 4º titulo do seu selo editorial. “[Re]Pensar a Democracia” volve ser unha obra coral, ao  igual que o anterior titulo “Ecoloxismo Político: Olladas desde Galicia”, adicado ás cuestións relacionadas coa reinterpretación da democracia en clave de radicalidade participativa e rexeneración ética.
Este libro, pensado para achegar reflexións sobre a democracia, a radicalidade e os seus  límites, xestouse cara a finais de 2015. Nese momento viviamos o entusiasmo que producía a comprobación práctica de que o movemento cidadanista impulsaba plataformas de cambio real nun momento político que situaba o factor democrático no centro da súa construción paradigmática, dándolle máis preponderancia ao eixo arriba/abaixo, centrando a axenda política na rexeneración dun modelo atrapado na lama da corrupción e valorando a radicalidade democrática diante doutros aspectos agora máis secundarios.

Capítulos e autoras:

-Filosofía da democracia (Juan Carlos Fernández Naveiro)
- Proceso constituínte e nova democracia (Xoán Hermida González)
- Rescatar a democracia desde os concellos do cambio (Laia Ortiz Castellví e Sergio de Maya García)
- Todo o trabalho é produtivo: economias de abundância e da sobriedade (Teresa Cunha)
- Os movementos veciñais e o dereito á cidade nunha democracia participativa (Luís Villares Naveira)