Noticias de Hoy
1605691395961
Fecha: 21/01/2021

La Llorona de Jayro Bustamante

Do 21 ao 23 de xaneiro no Forum Metropolitano

Coas palabras "se choras, mátoche" ecoando aínda nos seus oídos, Alma e os seus fillos son asasinados no conflito armado de Guatemala. Trinta anos despois, ábrese unha causa penal contra Enrique, un xeneral retirado que estivo á fronte do xenocidio. Pero o xuízo é declarado nulo e el é absolto, e o espírito da  Llorona libérase para vagar polo mundo como unha alma perdida entre os vivos. Polas noites, Enrique comeza a escoitala chorar. A súa muller e a súa filla cren que está a sufrir accesos de demencia relacionados co Alzheimer. Ningún dos tres sospeita que a súa nova ama de chaves, Alma, planea inflixir vinganza para emendar o que para ela foi un xuízo inxusto.  Con: María Mercedes  Coroy e  Sabrina Da Fouce.