Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay

Fecha 8-09-2021 a 11-09-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×
A oitava edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará do 8 ao 11 de setembro, abre a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas series ou proxectos de serie á súa sección oficial, que repartirá 6.600 euros en premios. Poden facelo dende hoxe mesmo e ata o 15 de xuño de xeito gratuíto a través da web carballointerplay.com.
Para participar na Sección Oficial a concurso, as series deben ser producidas entre os anos 2017 e 2020 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, pero poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais. Entre as propostas recibidas, un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e da cultura premiará a mellor serie estatal, a mellor serie internacional e a mellor serie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. As escollas do xurado novo e máis do público levarán 400 euros e trofeo, cada unha. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.
 
O Carballo Interplay conserva ademais, na súa oitava edición, a dotación económica de 3000 euros para o premio a proxecto de webserie en galego. A data límite para presentarse é o 31 de xullo de 2021 e os proxectos deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais, pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres), pero poden ser de imaxe real, animación, stop motion ou técnica combinada.
 
Links de interese: Bases | Formulario | Premio a proxecto | Toda a programación do 7º Carballo Interplay, no Youtube

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×