Os días 13 e 14 de decembro no treatro Colón de A Coruña as 20:30 horas
Ferro Teatro nos presenta a súa adaptación da zarzuela Los Gavilanes. Tras unha longa estancia no Perú, Juan volve á súa aldea natal, vello pero inmensamente rico. Esta volta é celebrada por todos, o seu irmán Camilo e a filla deste, Enma, o alcalde da Aldea, Clarivan, e o xefe de xendarmes, Triquet e mozos e mozas da aldea. Nun momento desta celebración, Juan conta a verdadeira razón da súa partida: o amor dunha muller, Adriana. No seu voluntario desterro soubo que Adriana casara obrigada pola súa nai, Leontina, e decátase de que agora é viúva e pobre.
No reencontro co seu antigo amor, Adriana, Juan coñece á moza filla desta, Rosaura, da que cae namorado en segredo, quizais buscando nela a beleza xuvenil que non atopou na súa nai.
Juan trata de obter a axuda de doña Leontina, a favor das súa intencións matrimoniais con Rosaura. Cando na aldea caen na conta disto, o escándalo é maiúsculo e os que se amosaran amigos íntimos do indiano, decláranse agora inimigos e desprézano. Adriana leva un duro revés do home que puido ser o seu marido e Rosaura debe renunciar ao seu verdadeiro amor, o mozo Gustavo.
A véspera da voda nai e filla están desoladas e dispostas ao sacrificio, sen embargo, pronto Juan o Indiano comprende que está equivocado e dille a Gustavo que pode levar á súa namorada, pero non ás agachadas, senón á vista de todos. Mañá haberá voda, pero os noivos serán Gustavo e Rosaura.
Elenco: Chantal García, Ana María Hidalgo, Cristina Zambrana, Victoria Zazo, Begoña Álvarez, Ulises Fuentes, Carlos Fernández, Darío Gallego, Joseba Priego, Juan Carlos Rodriguez, Facundo Muños, Fran Román.
Dirección musical e arranxos: Manuel Valencia.
Dirección escénica: Cristina Zambrana.