XX Feira Franca Medieval Betanzos dos Cabaleiros
Venres, 7 de Sant-Iago
15:00 h Fin da localización das paradas da Feira Franca Medieval.
18:00 h Os/as artesáns/ás chegados de todos os lugares e recunchos de España, abren as súas paradas ateigadas de mercadorías, para ofrecer o mellor das súas terras ás persoas que queiran mercar ou observar os seus produtos.
19:30 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e apertura do CAMPAMENTO MEDIEVAL situado no cantón Claudino Pita, este último por conta da compañía Especialistas Hípica Celta con combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais (tear de liño, traballo con coiro e obradoiro de ferreiro).
19:30 h Actuación de KOTE MALABAR na Praza da Constitución
18:00 h Actuación do MAGO GONZÁLVEZ no adro de Santa María.
21:00 h O señor de Andrade honra a todos aos seus vasalos coa chegada á Praza da Constitución desta real cidade e solicítalle ao ilustrísimo señor rexedor a apertura da FEIRA FRANCA
Deseguido nobres e campesiños presentarán as súas queixas e pedimentos ao señor de Andrade por medio do notario Xoán Blanco e haberá danzas mouras e campesiñas, estas últimas coa colaboración da escola de danza DANZARTE. O pregón correrá por conta do vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña SALVADOR NAYA FERNÁNDEZ.
Para rematar o ilustrísimo señor rexedor da cidade de Betanzos abrirá a XX FEIRA FRANCA MEDIEVAL desta cidade.
23:00 h Na rúa Travesa os membros do CLUB DE BALONCESTO SANTO DOMINGO de BETANZOS representarán o incendio da cidade do século XVI cunha simpática carreira de bocois.
00:00 h Na praza da Constitución espectáculo de lume e malabares “Errantes” por conta da compañía TROULA Animación.
Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a feira o grupo de música ACIBREIRA, o Grupo TROULA ANIMACIÓN con espectáculos de percusión e lume. Ao longo de toda a tarde haberá exhibición de TIRO CON ARCO na adro de Santa María e de CETRARÍA na rúa Nova.
RECUNCHO INFANTIL: na praza dos Irmáns García Naveira, e CAMPAMENTO MEDIEVAL no cantón Claudino Pita desde as 18:00 h ata as 22:00 h con obradoiros e xogos populares para nenos e nenas. Co mesmo horario funcionarán o resto das atraccións para os rapaces e rapazas.
Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 h e as 21:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.
Sábado, 8 de Sant-Iago
11:00 h Apertura das paradas.
11:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL e das atraccións para os nenose ne nas na praza dos Irmáns García Naveira así como do Campamento Medieval no cantón Claudino Pita por conta da compañía Especialistas Hípica Celta con combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais (tear de liño, traballo con coiro e obradoiro de ferreiro).
12:00 h Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS e MALABARES, así como o grupo de teatro LA RECUA.
12:30 h Actuación do MAGO GONZALVEZ na praza da Constitución.
12:30 h Actuación de KOTE MALABAR no atrio de Santa María.
13:30 h Na praza da Constitución, chegada dos mouros ao mando de Yussuf Hammar para esixir á cidade de Betanzos as doncelas que ten que entregar ao califa de Córdoba. Un pai campesiño ofrecerá a Yussuf Hammar todo o seu patrimonio a cambio de que deixe libre á súa filla e ante a negativa de Yussuf prefire matala. Entón a veciñanza de Betanzos érguese en armas contra dos mouros e despois dunha fera loita conseguen derrotalos e liberar as doncelas. As mozas mouras que acompañan a Yussuf deleitaranos cunhas fermosas danzas.
17:00 h Apertura das paradas.
18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira.
18:00 h Apertura do Campamento Medieval no cantón de Claudino Pita.
19:00 h Revolución irmandiña coa proclama do mercador Afonso de Carballido e a continuación actuación do grupo AZOUGUE da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e danza campesiña polas mozas colaboradoras da organización.
20:00 h Actuación de KOTE MALABAR na praza da Constitución.
20:00 h Actuación do MAGO GONZALVEZ no atrio de Santa María.
24:00 h Na Praza da Constitución, espectáculo de pirotecnia, zancudos, lume e AQUELARRE por conta do grupo de teatro LA RECUA.
Durante todo o día percorrerán a Feira o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de teatro LA RECUA e, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE cos espectáculos O AFIADOR RODESINDO DA BARROSA, e PECCATA MINUTA, exhibición de TIRO CON ARCO no adro de Santa María e CETRARÍA na Rúa Nova.
RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira, e CAMPAMENTO MEDIEVAL no cantón Claudino Pita desde as 11:00 h ata as 14:00 h e dende as 18:00 h ata as 22:00 h.
Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 h e as 21:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.
Domingo 9 de Sant-Iago
11:00 h Apertura das paradas.
11:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL e das atraccións para os nenose ne nas na praza dos Irmáns García Naveira así como do Campamento Medieval no Cantón Claudino Pita por conta da compañía Especialistas Hípica Celta con combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais (tear de liño, traballo con coiro e obradoiro de ferreiro).
12:00 h Na praza da Constitución xogos populares e tradicionais para nenos e nenas por conta dos membros da CRUZ VERMELLA de Betanzos.
12:30 h No recinto do Campamento Medieval obradoiro de elaboración de escudetes para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos por conta de Oxígeno Ocio Educativo. O obradoiro terá unha hora de duración e poderán participar nel ata 15 nenos e nenas que deberán inscribirse neste media hora antes da realización do obradoiro, no mencionado campamento.
12:30 h Actuación de KOTE MALABAR na Praza da Constitución
12:30 h Actuación do MAGO GONZALVEZ no adro de Santa María.
13:30 h Escena da expulsión dos leprosos que parten da praza dos Irmáns García Naveira, que desenvolverá a xente colaboradora da organización e que rememora un feito histórico da cidade.
17:00 h Apertura das paradas.
18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira.
18:00 h Apertura do campamento medieval no cantón de Claudino Pita.
18:00 h Torneo Medieval a cabalo na praza dos Irmáns García Naveira con exhibición dos cabaleiros ademais de CETRARÍA. Espectáculo de danza polas mozas colaboradoras da organización e a escola de danza DANZARTE.
20:00 h Actuación do MAGO GONZALVEZ na Praza da Constitución
20:00 h Actuación de KOTE MALABAR no adro de Santa María.
23:00 h Na praza da Constitución espectáculo por conta do grupo de teatro LA RECUA.
Durante todo o día percorrerán a feira o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de teatro LA RECUA e, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE cos espectáculo O AFIADOR RODESINDO DA BARROSA, e PECCATA MINUTA, exhibición de TIRO CON ARCO no adro de Santa María e CETRARÍA na rúa Nova.
RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira, e CAMPAMENTO MEDIEVAL no cantón Claudino Pita desde as 11:00 h ata as 14:00 h e dende as 18:00 h ata as 22:00 h.
Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 18:30 h e as 20:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.