Noticias de Hoy
Xornada Arquivos Audiovisuais Abertos
Localidad: A Coruña
Fecha: 27/10/2016
Horario: 11:00

Xornada Arquivos Audiovisuais Abertos, en A Coruña

Xornada Arquivos Audiovisuais Abertos, en A Coruña.

Un encontro para explorar boas prácticas e ferramentas que permitan “abrir” máis á sociedade os arquivos audiovisuais institucionais e comunitarios. Compartiranse experiencias de institucións da memoria tanto internacionais como galegas que están a preservar, pero tamén a poñer en común e en dixital, o seu patrimonio cultural.

A actividade está organizada en colaboración co grupo informal de traballo "Abrir os Arquivos" (abrirosarquivos.tumblr.com), o cal nace en Galicia precisamente arredor da preocupación pola preservación, accesibilidade e utilización de contidos dixitais culturais, pensando especialmente nos arquivos visuais, sonoros e audiovisuais.

Como convidado especial desta xornada contaremos con Maarten Brinkerink. Experto en Participación Pública e Acceso Innovador no departamento de Coñecemento e Innovación do Neederlands Institute for Sound and Vision, Maarten coordina as achegas do instituto a proxectos de investigación (inter)nacionais. Realiza as súas contribucións na sección de planificación estratéxica de Sound and Vision, reforzando as aportacións no eido de patrimonio en iniciativas como Open Cultuur Data e a Netwerk Digitaal Erfgoed.

Maarten Brinkerink gradouse no máster en Novos Medios e Cultura Dixital da Universidade de Utrecht en 2007. Seis meses despois, converteuse en coordinador do proxecto Open Images, desenvolvido polo departamento de I+D de Sound and Vision. Inicialmente, o seu enfoque era o acceso libre como modelo de distribución para o patrimonio dixital. Cos anos, especializouse en copyright, crowdsourcing e a reutilización do patrimonio dixital; tamén no ámbito da accesibilidade, co seu traballo para o proxecto de dixitalización masiva Images for the Future e en proxectos internacionais de investigación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635