Rianxo. Do martes 22 ao mércores 30.
O Titiriberia, festival de títeres tradicionais, único do seu xénero na Península Ibérica, ten o gran pracer de saudar á súa nova terra de acollida. Rianxo, vila amiga do teatro, asume o risco que implica xuntar durante sete días a titiriteiros e titiriteiras da peor das calañas, aqueles que branden a cachaporra sen pudor nin reverencia. Neste ano excepcional, as cachaporras poden converterse no remedio sen igual, o bálsamo de Fierabrás que acabe dunha vez por todas co “maldito becho”.
Sete días de programación no tempo de Nadal, para gozar de espectáculos, charlas, mesas redondas, cursos e exposicións en diferentes espazos do concello. Este ano, ademais, poderase asistir a todas as actividades a través da Rede.
Propostas dirixidas a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer a rica tradición do títere de cachaporra.
Todas as actividades estarán dispoñibles en vídeo na canle do festival durante catro días, para que as restricións de capacidade non impidan que calquera poida desfrutalas tamén desde a casa na nosa canle de youtube:
CALENDARIO
Martes 22
O horroroso crime de Xan Miñoca ás 17:00 / 19:00
Mércores 23
Victoria. Nostalxias do pasado ás 12:00 a 14:00
Este espectáculo foi ilegal ás 12:00 a 14:00
O baúl de Barriga Verde ás 18:00 horas
Sábado 26
O baúl de Barriga Verde ás 12:00 horas
Conferencia O baúl de Barriga Verde “Commedia dell’arte: artesanía teatral” ás 19:30 horas
Domingo 27
Teatro á feira ás 12:00 horas
Ratas! ás 18:00 horas
Luns 28
Os romeiros do caracol ás 18:00 horas
Mesa redonda ás 20:00 horas
A innovación da Cachaporra. Novos xeitos para traballar a tradición ás 17:00 / 19:00
Martes 29
O conto de Barriga Verde ás 12:00 a 14:00
Mércores 30
Victoria. Nostalxias do pasado ás 12:00 a 14:00
Este espectáculo foi ilegal ás 12:00 a 14:00
As varietés do Barriga Verde ás 20:00
Curso Obradoiro de iniciación á commedia dell’arte os días 26 e 27 ás 10:00 a 14:00
Exposicións
Kinetiko os días 22, 23, 26, 27 de decembro na Casa de Cultura Cuartel Vello
Onde foi Barriga Verde? os días 22, 23 de decembro no Centro Sociocultural A Capela do Araño e do 28 ao 30 de decembro no Auditorio de Rianxo
Barriga Verde e a arte dos Silvent os días 26 e 27 de decembro no CCD de Taragoña e do 28 ao 30 de decembro no Auditorio de Rianxo