Noticias de Hoy
TerritorioRegueifa-Cartel
Localidad: Carballo
Fecha: 06/02/2026
Horario: 21:00

Territorio Regueifa en Carballo

O venres 6 de febreiro de 2026, o Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo acollerá ás 21:00h a estrea absoluta de Territorio Regueifa, unha coprodución do FIOT xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego. As entradas estarán dispoñibles durante o mes de xaneiro, despois de que a primeira estrea prevista se tivese que cancelar en outubro por unha baixa médica xa superada.

Dirixida por José L. Prieto e protagonizada por Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, a proposta leva ao escenario a maxia da regueifa: a disputa improvisada en verso, cargada de retranca, humor e crítica social, pero tamén de emoción e saber popular. Entre improvisación oral, música e teatro de proximidade, o espectáculo busca achegar esta tradición viva a novos públicos, convertendo o patio de butacas nun espazo participativo e festivo que reivindica a oralidade de Carballo e Bergantiños como parte esencial da nosa identidade cultural.

⚙ Configurar cookies