Auditorio do Fórum Metropolitano, A Coruña
Os nenos da varíola é a adaptación ao escenario do libro de María Solar dedicado aos 22 nenos, que en 1803 partiron nun barco levando no seu corpo, do brazo, a vacina contra as vexigas do vello ao Novo Mundo. Formando así parte dunha das maiores fazañas médicas da humanidade: A Real Expedición Filantrópica de Vacinas.
Esta proposta escénica, desfrutarase o día 23de outubro ás 21 horas no Auditorio do Fórum Metropolitano, e conta con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixo central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña, os verdadeiros protagonistas desta expedición.
Intérpretado por Vitoria Pérez, Isabel Risco, Manu Fernández e Xosé Leis.