Noticias de Hoy
eventos
Fecha: 02/04/2016
Horario: 11:00

Taller de fotografia en Santiago de Compostela: Cámara en man! Fotografía Urbana

Taller de fotografia en Santiago de Compostela: Cámara en man! Fotografía Urbana.

Apto para calquera; pero en especial para aquelas persoas que desexan sair á rúa e inmortalizar escenas cotidianas con calquera cámara. Necesidades_ Calquera tipo de cámara coa que adoitas traballar: dixital reflex ou compacta; analóxica ou a do teléfono e moitas ganas de disfrutar paseando e facendo fotos.

OBXECTIVOS

Aprender a fotografar diferentes situacións que se irán presentado a modo de reto; de modo que o participante aprenda a usar a cámara independentemente dos seus coñecementos ou posibilidades técnicas. Aprender a mirar a nosa cidade desde unha óptica diferente e a través da cámara e desenvolver a capacidade de observar a cidade tendo en conta diversos conceptos e retos propostos no obradoiro; para conseguir resultados frescos, diferentes e que falen por si mesmos non só da cidade senón tamén do participante.

CONTIDOS

O obradoiro constará de 2 sesións: de 10.00-15.00 e de 17.00-10.00, nas que aprenderemos:

Sobre fotografía urbana e o fotógrafo urbano.
Que e donde fotografar: a localización.
O equipo.
Estilos e temas de fotografía urbana
O reto: práctica tutelada dunha sesión fotográfica.

DOCENTE: XELA RODRIGUEZ

Licenciada en Filoloxía Hispánica (USC, 2005), doutoranda especializada en estudos filmoliterarios (Diploma de Estudos Avanzados, USC, 2008); Técnica Superior en artes plásticas e deseño en fotografía artística (EASD Mestre Mateo, 2011) e Técnica audiovisual (O Raio Verde, 2008)

Traballou como fotógrafa independente para diversos diarios galegos (Vieiros, Tempos Novos, Novas da Galicia) e a axencia de comunicación Vía Láctea. Fixo traballos de guión e realización de vídeos promocionais e traballou como operadora de cámara para o canal de streaming Itineris, cubrindo diversos eventos sempre de forma independente.

É docente de fotografía e imaxe audiovisual; realizando cursos para persoas desempregadas e para diversos colectivos e asociacións (cursos forga, obradoiro de curtas da asociación de dano cerebral Sarela, obradoiro de imaxe feminista para o Observatorio da Mariña pola Igualdade). E segue a ser fotógrafa independente.