Noticias de Hoy
Ikebana+copy
Fecha: 21/04/2016
Horario: 21:00

Taller Básico de Ikebana en Santiago de Compostela

Taller Básico de Ikebana en Santiago de Compostela.

Ikebana (生け花)é unha arte xaponesa de arreglos florais. Neste obradoiro aprenderemos a facer arreglos florais utilizando un número de flores reducido para demostrar o máis fermoso de cada peza cun estilo minimalista.

MATERIAIS / PÚBLICO

A matrícula inclúe todas as flores e materiais necesarios para completar o obradoiro. Dirixido a todas as persoas que estén interesadas na cultura xaponesa e en sentir a harmonía oriental. Non fan falla coñecementos previos.

PROGRAMA

Aprenderemos a facer un centro de Ikebana Sogetsu, a traballar cas flores máis adecuadas para o Ikebana e como alargar a vida de cada peza. Tamén aprenderemos a traballar de maneira que a mente , alma e corpo poidan estar en equilibrio para crear estructuras naturais.

DOCENTE

Eriko Murata é mestra titulada pola escola Sogetsu, unha das máis recoñecidas de Xapón. Actualmente é socia do equipo Ikebana Sogetsu Barcelona. Nos últimos anos adicouse a impartir cursos en Barcelona e Galicia.