Noticias de Hoy
marabaixo
Fecha: 02/09/2023
Horario: 01:00

Silvia Penide en Marabaixo

Silvia Penide cantará entre as velas do Marabaixo, unha embarcación que realiza travesías para grupos reducidos. Un negocio familiar que comezou este verán e que Silvia quere apoiar mentras fai o que máis lle gusta no mundo: cantar.

O sábado 2 de setembro ás 18:30 e o domingo ás 11:30 sairá de moi preto do Dique de Abrigo para unha travesía na que, unha vez fondeado, cantará Silvia os seus temas mentras beben unha cerveza artesá. Haberá un agasallo para todas as persoas que se sumen á aventura.