O festival PorkosRock naceu en Xullo do 2009 coma unha iniciativa da AA.VV Rio Lambre para complementar as festas da Ponte do Porco. Pouco a pouco, ano a ano o festival foi medrando e agora mesmo esta consolidándose na oferta musical galega do verán. Polo escenario do Porkosrock pasoron grupos do nivel Miguel Costas, Eme Dj, Novedades Carminha, Trashnos, Dirty Socks ou Pülsar entre outros.
Unha das mellores bazas ca que xoga o festival e o fantástico entorno onde se celebra, a praia da Alameda, na Ponte do Porco, e ademáis de balde!
O 19 de xullo de 2013 a partir das 16:00 horas realizarase un concurso de grupos entre os que están: MetalCode, Wolves are Coming e Bamboo Eaters.
A partir das 21:30 horas tocarán Chris Masuak y los eternos, Bastards on Parade, Sandford Music Factory, Agoraphobia e para rematar a noite un DJ.