Noticias de Hoy
Pieza Inconclusa
Localidad: A Coruña
Fecha: 23/01/2016
Horario: 20:30

Pieza Inconclusa (Para sofa y dos cuerpos) en A Coruña

Pieza Inconclusa (Para sofa y dos cuerpos) en A Coruña.

Pieza Inconclusa é o resultado dun proceso de investigación sobre as relación de parella. É inconclusa porque non é allea á incerteza do amor e porque é creada a partir do asombro que produce a súa máxica aparición nas nosas vidas, e da indefensión na que nos deixa sumidos cando desaparece sen apenas darnos conta.

A acción ocorre en torno dun sofá que se presenta como eixo físico e emotivo da relación entre Bea e Diego. Os corpos dos personaxes atópanse e distáncianse, atráense e repélense nel. Os mellores momentos estarán peneirados pola idealización do pasado vivido; os peores tinguidos pola decepción e a rabia.

Pieza inconclusa é unha obra baseada a partir de dous contos de Raymond Carver, escenas que xorden en improvisacións durante o proceso creativo e escenas escritas en soidade fronte a un ordenador. O resultado é un texto contundente no que conviven o amor, o humor, a tenrura, o malestar, o rancor e a violencia.

Pieza inconclusa nútrese do teatro de texto, así como de linguaxes audiovisuais, que son un referente permanente nesta montaxe. En canto ao tratamento da historia de amor, inténtanse reproducir os estados de euforia e felicidade que produce o amor ao chegar aos estados de rabia e tristeza que produce ao marcharse.

De aí que o ton cómico do inicio da peza transmute nun ton cada vez máis dramático, transformando o sorriso inicial nun doloroso aceno.