Noticias de Hoy
pablo lopez
Fecha: 03/01/2014
Horario: 22:00

Pablo López en concierto

Gravado en Barcelona e masterizado en Londres, Once historias y un piano, o último traballo de Pablo López, contou coa produción de Kim Fanlo, ex Nena Daconte. Unha conexión na que saltaron chispas. Para ben, claro: ‘Soubo levar esa forza guitarrera que adoita imprimir nas súas producións ao piano’, explica Pablo. ‘Eu xa tiña moitas maquetas gravadas, pero ao coñecelo e comezar a gravar xuntos decidín facer un reseteado. Comezar case dende cero. Comezamos a construír os cimentos ’.

O resultado é un disco diferente, elaborado, intenso, fresco, aditivo e con matices. A canción Vi, é o primeiro adianto: unha canción arriscada, que se salta os canons do cantante de pop español habitual. Pero tamén é unha interesante mostra de como é e a que soa Pablo López. ‘É unha desas cancións que te invaden. Non fun eu a buscala senón que ela me atopou a mín. Apareceu de súpeto para instalarse na miña vida. Compúxena moi rápido. Ten un aire apocalíptico. Unha progresión que cando a canción vai rematando é coma se tamén se fora a acabar o mundo. Trata das derrotas e das glorias da vida. De calquera batalla, gañada ou perdida, apréndese algo. A vida pasa tan rápido coma unha canción e hai que aproveitala’.

Mi casa é outro dos grandes temas do disco. Trata sobre un desafiuzamento, pero ten varias lecturas. ‘A situación da familia á que botan da súa casa é terrible, pero esta canción está escrita dende o punto de vista dunha persoa que traballa nun banco. Teño a alguén moi achegado, unha muller de bo corazón, que estaba desexando que a botaran do banco porque estaba cunha presión que non soportaba máis. Non vou a cambiar o mundo coas miñas cancións, pero si teño o deber de escribir de cousas que vexo’.