Obradoiro Básico de Serigrafía en Santiago de Compostela.
O obxectivo principal é ter un primeiro contacto coa técnica da impresión serigráfica, a través dun método sinxelo e rápido de reproducción de imáxenes. Comezaremos cunha breve introducción para coñecer o proceso da técnica, os materiais do proceso de traballo, e aplicaremos todo iso de xeito práctico.
MATERIAL
A matrícula inclúe todo o material necesario para poder estampar os deseños. Que debe traer cada participante da súa casa? Ideas, bocetos, recortes de revista, etc. Calquera imaxe coa que poidamos traballar dun xeito simple e rápido. Roupa vella, mandil ou bata para cubrirse.
OBXECTIVOS
Coñecer os mateirais básicos do proceso de traballo / Aprender as bases da serigrafía / Deseñar e estampar un deseño propio sobre papel e téxtil.
DOCENTE
Isa Albela, deseñadora gráfica. O seu primeiro contacto coa técnica serigráfica foi no ano 2011 da man de Sergio Rocha, e dende aquela, seguín experimentando e aprendendo de xeito persoal.
Sábado 12 de Setembro de 16:00-20:00
6 prazas. Materiais incluidos no prezo.
Reservas: espazonoventa@gmail.com