Noticias de Hoy
mercado da estrela LCG
Fecha: 20/12/2013
Horario: 11:00 a 21:00

O Mercado da Estrela

Mercado da Estrela chega por segundo ano consecutivo ao centro sociocultural da Fundación Novacaixagalicia na cidade de A Coruña co seu lema “Agasalla talento galego”. A feira navideña arrancará o venres día 20 e continuará o sábado día 21 en horarios de 11h. a 21h. o venres, e ata as 20h. o sábado, aunando as coleccións de novos creadores galegos con obradoiros gratuitos e actuacións musicais.

Trala gran acollida da súa primeira convocatoria, o Mercado da Estrela regresa á cidade este Nadal para visibilizar o traballo dos artesáns, artistas e emprendedores galegos, e que apostemos por eles nos nosos agasallos das festas. Bixutaría, ilustración, bonecos, complementos, doces, e ata kits para o autocultivo de setas resposponsables, exhibiránse en stands  exclusivos e elaborados para a ocasión nunha proposta integradora de cultura, artesanía, creatividade, ocio, compras e novas tendencias que reivindica o consumo local, consciente e responsable.

A iniciativa complétase coa impartición de tres obradoiros  de carácter gratuito ata completar aforo aos que poden acudir participantes de todas as idades escribindo a veydile@veydile.com:

  • Un taller de Bolas sorpresa de Nadal o venres día 20 de 17:30 h. a 18:30 h.
  • Un de Canción tradicional o sábado de 12:30h a 13:30h.
  • E outro de Elaboración e decoración de pezas en porcelana fría o sábado de 17:30h. a 18:30h.

O programa complétase coa actuación do dúo musical Graham Summer o venres ás 20h. con entrada libre ata completar aforo na propia sede da Fundación no Cantón Grande de A Coruña.

A feira navideña en gran formato xa visitou con enorme éxito a cidade de Santiago a pasada fin de semana e  ten previsto aterrar en Ferrol o vindeiro venres día 27 e o sábado 28 de decembro.