Noticias de Hoy
cartaz2
Fecha: 06/03/2016
Horario: 18:00

Non toques os meus círculos, en Santiago de Compostela

Non toques os meus círculos foron, según a lenda, as derradeiras palabras de Arquímedes de Siracusa, antes de morrer a mans dun soldado romano alá polo século III a. C..

Non toques os meus círculos é moito máis que un monólogo: é un espectáculo que conta, de xeito lúdico e directo, a peripecia dun científico de hoxendía que trata de se reinventar, tomando como referente ao sabio siracusano e o seu contexto. Iso sírvelle para dar vida a diferentes personaxes que propician un paralelismo constante entre sucesos da época antiga e actuais, nun ton xeral de ironía e humor.

"...sen dúbida, sae ben parado do reto: realza a teatralidade do texto e dota de estrutura o relato. E como desenvolve moi ben o seu oficio e a historia é simpática na súa humildade, acaba por gañar a complicidade do público e remata entre aplausos agradecidos." (M. Xestoso, Teatro Crítico Universal, Revista Galega de Teatro)

"una reflexión en clave de humor, de manera muy ingeniosa y divertida, sobre la difícil relación entre ciencia y poder, además de hacer un recorrido sobre la figura de Arquímedes, sus descubrimientos e inventos y cómo éstos fueron muy útiles..." (J. L. Paricio, Diario del AltoAragón)