Noticias de Hoy
Neves Seara
Fecha: 10/02/2016
Horario: 19:00

Neves Seara, en Santiago de Compostela

73 liñas do horizonte é unha intervención especificamente deseñada para o espazo Zona “C”. Un título aproximado xa que o 73 variará en función do resultado final da interacción.

Neves Seara realiza unha acción procesual cuxa carga emocional está volcada no ritual, no xesto, no esforzo físico e na homenaxe. No acto performático a artista realiza un xesto desde o chan até a altura que sexa capaz de abarcar co seu brazo (2,10 cm), sen separar o punzón da parede até completar as catro paredes da sala. O punzón arañará a capa superficial de pel das paredes, destapando capas e modificando o espazo; xesto, rotundo e sutil ao mesmo tempo.

O efecto visual resultante varía dependendo do punto de vista do espectador, xerando sensación de movemento envolvente.

Incide Neves na importancia do proceso que ocurre antes, a carta silenciosa ao pai cargada de referentes propios, sendo a intervención un espazo que conxela a enerxía e o feito emocional ‘transcripto’ nas paredes.; forza estética, esencia, mensaxe e historia.

O esforzo físico que conleva realizar a peza é fundamental para a creadora.

O son recollido nas rasgaduras da parede, marca tamén o ritmo vital, o pulo e é testigo de ese esforzo físico.
Unha acción cargada de mensaxe con texto emocional e palabras sonoras.

Un residuo da acción quedará documentado como vídeo; un espazo íntimo e de sombras do que poderá penetrar o espectador.