Mostra de iniciativas de economia social | POP Up en A Coruña.
Nesta Mostra de Iniciativas de Economía Social daranse a coñecer produtos e servizos de 13 entidades e iniciativas: Mulleres Colleiteiras, Triwus, Fiare Banca Ética, Unidade Lémbrate, D-Raíz, A Factoría, 7H Coop, Árbore Arqueoloxía, Laboratorio Escénico, Plano Pementa, Mercado da Terra, Alcrique e Ribeiregas
Realizaranse actividades e obradoiros gratuítos para todos os públicos ao longo das tres xornadas.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop dinamiza os espazos efémeros POP UP, un programa de actividades dirixido a persoas emprendedoras e a proxectos empresariais da Economía Social en fase de consolidación co que se quere facilitar que as entidades participantes poidan expor os seus produtos, servizos e/ou proxectos para ter unha experiencia real de venda e adquirir unha aprendizaxe que as axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
A mostra vai desenvolverse os días 7, 8 e 9 de novembro no Mercado de San Agustín da Coruña, e previamente será presentado en público o próximo venres 25 de outubro, ás 12 horas no local de D-Raíz, entidade participante na mostra e cuxa tenda está situada ao lado do Mercado.
Os “espazos efémeros POP UP” inscríbense no programa europeo LACES, proxecto que ten como obxectivo contribuír ao fomento da economía social na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Así mesmo, o LACES materialízase a través do apoio vehiculado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Con el, preténdese dar un salto cuantitativo na competitividade e impulsar os proxectos empresariais de economía social no espazo transfronteirizo, axudando á creación de empresas e de empregos de calidade na Eurorrexión.
[gallery columns="1" size="large" ids="25618"]