¿QUE IMOS FACER?
Imos inventar, deseñar e producir máscaras de disfraces para o entroido. Non hai que traer nada pensado, pero se alguén ten un capricho especial poderemos sobrevivir! Por suposto, e antes de que ninguén intente escaquearse, avisamos. Non só os cativos terán que pintar, recortar e pasalo ben...tod@s levaremos unha máscara de volta!
¿HAI QUE LEVAR ALGO DA CASA?
Os materiais están todos incluídos, de forma que o único que precisamos é vir vestidos con roupa cómoda e que non importe demasiado se se mancha, e moitas ganas de pasalo ben.
¿COMO SE DIVIDE O CURSO?
Ilustración e estampación dos materiais. (cuños de goma e/ou patata, a pegada como estampado e a superposición de papeis)
Recortamos, preparamos e montamos a nosa propia máscara! Se precisamos de plantillas, con plantillas, se queremos facer improvisación tamén é posible. Non hai límites para a imaxinación.
Merenda lixeira e sana para manter a enerxía a tope. Teremos té e café para os maiores máis clásicos.
Sesión de fotos, para a que precisaremos a autorización de papá ou mamá!