LGx15. Ideas para o futuro da lingua, en Santiago de Compostela. Experiencias, argumentos, opinións, propostas, palabras, reflexións... Ideas!
LGx15 é iso, un proxecto para a difusión de ideas para o futuro da lingua, e que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.
En LGx15 intervirán diversas persoas para transmitir, dun xeito breve, claro e visual –a través de charlas dun máximo de 15 minutos–, ideas e reflexións que poden, e queren, influír no uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos, procurando reflexións, accións e cambios.
No evento, ademais, haberá música e humor, o que o fará un acto festivo e divertido, xa que será conducido por María Lado e Lucía Aldao, e no que escoitaremos a voz e cancións da amante das palabras e melodías Alba María e o reggae e beatbox de Xenderal.
Vaia!, que o 25 de novembro non podes deixar de vir a LGx15 na Capitol!