Noticias de Hoy
la llamada
Fecha: 07/06/2014
Horario: 01:00

La Llamada. Musical en el Teatro Colón

Agosto 2013, Segovia. Campamento cristiá "La Brújula". Bernarda, unha monxa recen chegada, quere salvar o campamento coa súa canción "Viviremos firmes en la fe". Milagros, unha novicia con dúbidas, recorda o moito que lle gustaba Presuntos Implicados. E María e Susana, dúas adolescentes castigadas, teñen un grupo que se chama Suma Latina. Pero desde que Deus se lle aparece a María cada noite, todo está cambiando.

E é que a Deus encántalle Whitney Houston. "La Llamada" é un musical sobre a fe, cunha banda de rock en directo e cancións orixinais. É unha comedia sobre o paso da adolescencia á madurez, sobre a amizade, o espertar, o electro-latino, o dereito a cambiar, e como seguir o teu camiño sendo ti mesmo. "La Llamada" é, sobre todo, un canto ao primeiro amor.

Autoría e dirección: Javier Ambrossi e Javier Calvo.

Reparto: Macarena García, Gracia Olayo, Anna Castillo, Belén Cuesta, Richard Collins-Moore.

Idade recomendada: maiores de 13 anos.

Duración: 90 min.

Web: www.teatrocolon.es