A ópera para nenos La Flauta Mágica, de Ferro Teatro, é unha adaptación infantil e en castelán da célebre ópera de Mozart Die Zauberflöte (A Frauta Máxica) que se estreou en Viena no ano 1791.
Tamino, mozo príncipe, vai a caer nas mans da malvada Raíña da Noite, que o engaiolará para ir na procura da súa filla Pamina axudado polo mozo cazador de paxaros real, Papageno. Para a cruzada, a Raíña da Noite regalará a Tamino un obxecto máxico de incalculable valor: A Frauta Máxica.
Pamina atópase retida nos dominios do seu pai, o Rei Sarastro, e é asediada polo servente deste, Monostatos, que pretende o seu amor. Sarastro descobre o mal trato que Monostatos lle da a Pamina e decide desterralo dos seus dominios.
Tamino namorarase da princesa e pediralle ao Rei Sarastro a súa man, que este lle outorgará sempre e cando supere tres probas. Coa axuda de Papageno, Pamina, o seu tesón e valor, Tamino superará as probas obtendo así a graza do monarca, que, sacándolle do seu erro, faralle comprender que a Raíña da Noite é malvada, e que o obxectivo de reter a Pamina no seu pazo non era senón para coidala a ela. Papageno obterá pola súa axuda unha sorte case divina, atopar unha Papagena coa que poder compartir a súa vida.
Pola súa parte, Sarastro consegue derrotar dunha vez á malvada Raíña da Noite, pois o ben sempre vence sobre o mal e a luz sobre a escuridade.
Tamino - Carlos Fernández.
Pamina - Ana María Hidalgo.
Papageno/Sarastro - Joseba Gómez.
Papagena/Raíña da Noite - Cristina Zambrana.
Monostatos - Ulises Fuentes.
Dirección escénica - Cristina Zambrana.