Chega a cuarta edición de Elas Son Artistas, o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, que este ano regresa como ciclo de eventos de diversas disciplinas artísticas repartidos polos oito concellos da área metropolitana da Coruña.
Nesta edición destaca a presenza de Martirio e Chano Domínguez, ambos artistas con múltiples premios ao logo da súa traxectoria, a compositora Carmen Boza, a pianista Aida Saco, a artista urbana e residente en Nova Iork, Vanesa Álvarez, a actriz Iria Pinheiro coa sua obra “Anatomía dunha serea”... Esta combinación de diversas artes (música, teatro, arte visual…) así como artistas galegas, do resto de España e unha banda europea, son as características desta proposta cultural pola igualdade que chega xa a súa cuarta edición.
Propostas musicais repartidas en oito Concellos da área metropolitana
Serán eventos repartidas durante os nove meses que restan de ano desde abril a decembro, nos que as diferentes artistas actuarán nos oito concellos da área metropolitana: Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Oleiros e Sada. En total tocarán X artistas, completando o cartel…
O listado de artistas confirmadas ata o momento está formado por:
- Agoraphobia
- Aida Saco Beiroa
- Astrogirl
- Black co seu espectáculo “Voces de muller”
- Carmen Boza
- Elas tamén pintan (Coop 7H)
- Eme Dj
- Iria Pinheiro con “Anatomía dunha serea”
- Mabel Flores
- Mäbu
- Martirio e Chano Domínguez
- The Dirty Denims (Suíza)
- Vanesa Álvarez