Noticias de Hoy
Fecha: 05/07/2013
Horario: 21:30

I Festival de Música de Herbón: As notas do Pemento

Do 5 ao 28 de xullo de 2013

I Festival de Música de Herbón: As notas do Pemento

Todos os venres do mes de xullo o convento de Herbón acollerá unha serie de concertos de música clásica. Ademais, haberá visita guiada a este edificio histórico e degustación de pementos. O seu obxectivo: difundir o valor do pemento de Herbón e achegar a música clásica á xente. Santiago de Compostela, 27 de San Xoán. Música clásica e pementos de Herbón. Esa é a oferta cultural do mes de xullo na parroquia de Herbón, en Padrón, grazas ao I Festival de Musica de Herbón 'As notas do Pemento'.

Unha cita que reunirá no fermoso convento de Herbón as mellores promesas da música clásica de Galicia nunha serie de cinco concertos que combinarán recitais líricos, cuartetos de vento, música barroca ou un dúo de piano e gaita. 'As notas do pemento' está organizado polas asociacións Sementar, Onde hai Música e Galicia Sustentable e conta coa colaboración da S.A.T. A Pementeira, da Asociación Galega de Amigos do Camiño (AGACS) e da Axencia de Comunicación Xurimaru. O seu obxectivo é resaltar as potencialidades do pemento de Herbón a través da música. E para iso, nada mellor que o lugar onde naceu e se mimou durante tantos anos; o convento franciscano de Herbón, fundado en 1396. A horta, o claustro e a fonte serán algúns dos escenarios que acollerán estes concertos, que terán lugar os venres de cada mes a partir das 20.30 horas máis o domingo 28 ás 12:00.

Precisamente, Eliseu Mera, o director do festival, destacou este feito durante a presentación do evento no Hotel Monumento San Francisco de Santiago e que contou coa presencia do seu director, Jorge San Martín. "Queremos homenaxear un produto tan sinalado da nosa terra como é o pemento de Herbón e facelo no lugar no que medrou por primeira vez, o Convento Franciscano", precisou Mera.

PROGRAMACIÓN

Ensemble Gioia
Belén Freire (frauta), Natalia Insua (clarinete),
José Manuel Quintián (trompeta), Marta Freire (saxo alto),
María Santos (saxo tenor), Ana Moas (cello).
Venres, 5 de xullo ás 20:30.

Ensemble Rosa del ciel
Esperanza Mara (soprano e cello barroco)
Thiago Vaz (tenor)
Guilherme Barroso (laúde e guitarra barroca).
Venres, 12 de xullo ás 20:30.

Herbens Consort
Indra Sesti (soprano), Eliseu Mera (barítono),
Carlos García Amigo (viola da gamba), Diego Rojo (arquilaúde).
Venres, 19 de xullo as 20:30.

Recital lírico
Sonia Bouzada (mezzosoprano)
Enrique Martínez (tenor)
Elena Pérez (piano)
Venres, 26 de xullo ás 20:30

Quodlibet
Felipe Rea (gaita), Andrea García (piano).
Web – Facebook – Discografía
Domingo, 28 de xullo ás 13:00

ENTRADAS

O prezo das entradas é o seguinte:

  • Un concerto: 3€
  • Abono para cinco concertos: 10€

Ademais de poder adquirilos no momento do concerto, en breve habilitarase un espazo web no que poder mercar o abono. Tamén se poderán adquirir no Hospital de Peregrinos Santo Antonio de Herbón desde as 16.00 horas ata as 20.00 horas.Ao remate de cada concerto ofrecerase unha degustación de balde de Pementos de Herbón e, antes, unha visita guiada polo mosteiro.

Web: www.asnotasdopemento.wordpress.com