Hackathiño de Datos Abertos en A Coruña.
O hackatiño é un hackathon pero máis noso ;)
Organizado da man dos colectivos de programadores GPUL, Árticos e o GDG Coruña, buscamos abrir os datos das comunidades locais, asociacións, colectivos, pemes, etc. para mostrar as aplicacións de interese social que se poden desenvolver a partir da información aberta.
Un hackathon ou hackatón, é un termo usado para referirse a un encontro de programadores cuxo obxectivo é o desenvolvemento colaborativo de software, aínda que en ocasións pode haber tamén un compoñente de hardware. O termo integra os conceptos de maratón e hacker, aludindo a unha experiencia colectiva que persegue a meta común de desenvolver aplicacións de forma colaborativa nun lapso curto.
Programa e inscrición
Básicamente así imos pasar a fin de semana do 22 e 23 de outubro, aprendendo entre amigos. Non te apuntas?
Sábado 22 de outubro de 2016
10:00 - 10:45 Benvida e presentación
10:45 - 11:30 Almorzo e creación de equipos
11:30 - 14:00 Hacking time
14:00 - 15:00 Descansiño para comer
15:00 - 21:00 Hacking time
Domingo 23 de outubro de 2016
10:00 Apertura de portas
10:30 - 11:15 Almorzo para empezar forte
11:15 - 14:00 Hacking time
14:00 - 15:00 Comida rápida e a rematar!
15:00 - 17:00 Hacking time
17:00 - 19:00 Exposición de proxectos