Noticias de Hoy
Armadanzas de Larano
Fecha: 31/01/2016
Horario: 19:00 a 19:00

Gala X Aniversario dos Armadanzas de Laraño, en Santiago de Compostela

Gala X Aniversario dos Armadanzas de Laraño, en Santiago de Compostela.

A Gala X Aniversario dos Armadanzas de Laraño será un espectáculo no que o fío condutor é a historia de María, unha rapaza Zamorana que chega a Compostela, para realizar os seus estudos universitarios. Na facultade coñece a Xan, natural de Laraño, amante da música, baile e costumes tradicionais. A obra fará un percorrido polas festas anuais de Compostela. Dende as celebracións máis rurais, como o San Martiño de Laraño; ata as urbanas, como o Apóstolo ou a Ascensión, sen deixar de lado as costumes, bailes e músicas de épocas tan importantes no ciclo anual, como o Nadal ou o Entroido. Ademais dos Armadanzas, esta Gala contará coa participación de moitas cara coñecidas do noso folclore, cun único obxectivo común; mostrar e poñer en valor parte do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.