Noticias de Hoy
fracasados de antemano
Fecha: 20/06/2014
Horario: 23:00

Fracasados de Antemano en el Garufa Club

A banda de fussion-funk-rock Fracasados de Antemano presentan o seu novo traballo "Diáspora" no Garufa Club o venres 20 ás 22:00 h.

Todos nacemos nun lugar determinado, nunha familia concreta, nun momento exacto... o fin e o cabo, rodeados dunha situación que nos vai influir de gran maneira na nosa vida.

Antes de facer calquera cousa na nosa existencia, xa estamos, poderíamos dicir, enfocados ou guiados cun certo patrón que haberemos de levar a cabo, que en moitos casos non é o máis xusto ou merecido para cada suxeito, xa que é imposíbel escollelo dado que non tes uso de razón, actuando como un autómata, sen poder decidir o camiño que realmente che gustaría escoller, converténdonos neste momento (ou antes) nuns inevitabeis Fracasados de Antemano.

Entrada: 5 €